O día 20 de abril visitou o ILG o alumnado de 3.º da ESO do IES Castelao de Vigo para coñecer a nosa historia e algúns dos proxectos que se están a desenvolver no centro.
Novidades
-
Visita de alumnado do IES Castelao
09/05/23 -
ELG sobe para Q3 no Scimago Journal & Country Rank
05/05/23SCImago Research Group acaba de publicar os indicadores SCImago Journal Rank (SJR) correspondentes a 2022. A revista Estudos de Lingüística Galega subiu para o cuartil Q3.
-
Novo artigo de Henrique Monteagudo
04/05/23O investigador do ILG Henrique Monteagudo é coautor xunto a Joan Costa Carreras, da Universitat Pompeu Fabra, e Miren Azkarate, da Universidade do País Vasco, do artigo "Estandarología comparada entre lenguas de España: el concepto de estándar en la normativización lingüística académica”.
-
Xornadas sobre dispoñibilidade léxica
04/05/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Clara Lago Caamaño participan nas III Jornadas Científicas sobre la Investigación en Disponibilidad Léxica. La variación léxica, que teñen lugar na Universidade de Málaga o 4 e 5 de maio.
-
Artigo de Tânia Ferreira e Graça Rio-Torto en ELG
13/04/23Tânia Ferreira e Graça Rio-Torto, do Centro de Estudos de Linguística Geral e Aplicadada da Universidade de Coimbra, publican en Estudos de Lingüística Galega o artigo "Aprendentes espanhóis de Português língua estrangeira: atribuição de género gramatical em palavras sufixadas".
-
XXXIII Edición dos Cursos "Galego sen fronteiras"
03/04/23Os Cursos de verán de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, organizados pola RAG en colaboración co ILG, volverán traer a Santiago de Compostela entre o 3 e o 24 de xullo alumnado de todo o mundo para aprender o idioma de Galicia. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 3 de abril.
-
Ivo Castro, doutor 'honoris causa' pola USC
31/03/23O lingüista portugués Ivo Castro será investido doutor honoris causa pola USC o venres 31, ás 12 h, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O catedrático da Universidade de Lisboa terá como padriño ao investigador do ILG Henrique Monteagudo.
-
Artigo de Olaya Martínez Sánchez na revista ELG
29/03/23Olaya Martínez Sánchez publica no número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega o artigo "TermAst: compilación de léxicos de especialidad del asturiano".
-
Simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa
22/03/23O Instituto da Lingua Galega colabora coa organización do simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa, coordinado por Facundo Reyna-Muniain (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / Instituto da Lingua Galega, USC) e Craig Willis (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / EU Flensburg).
-
Conferencia de Takeshi Kakihara no ILG
17/03/23O profesor visitante no ILG Takeshi Kakihara, da Universidade Kwansei Gakuin (Xapón), ofrecerá o venres 17 de marzo, ás 12:30 h, a conferencia O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »