A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez participa o venres 15 na I Xornada de multilingüismo, organizada pola Universidade de Vigo, onde falará sobre "Multilingüismo: o caso da mocidade na Limia Baixa".
Novidades
-
Reyes Rodríguez na "I Xornada de multilingüismo" da Universidade de Vigo
15/12/23 -
Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas
28/11/23Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
-
"Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira
20/11/23O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).
-
O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos
17/11/23O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos.
-
Portal da cultura impresa en lingua galega
15/11/23Onte presentouse o novo recurso do ILG de acceso aberto Portal da cultura impresa en lingua galega, dirixido polo investigador do Instituto Pablo García Martínez.
-
Nova publicación do ILG
14/11/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Marta Negro Romero son as editoras do volume Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que viu a luz recentemente na colección ensaio & investigación do Consello da Cultura Galega.
-
Ciencia aberta e humanidades dixitais
14/11/23Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto.
-
Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal
13/11/23O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022.
-
ELG en Dialnet Métricas
02/11/23Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística.
-
"Visita e café" con Luke Bishop
30/10/23O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »