O 16 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 1.º de BAC do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, que realizou unha xincana que lles permitiu coñecer distintos proxectos do noso centro. Ademais, puideron conversar con Antón Santamarina.
Novidades
-
Visita de alumnado do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives
22/05/24 -
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
15/05/24Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.
-
II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas
13/05/24Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".
-
I Xeira CLARIAH-GAL
02/05/24CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
-
Conferencia de Víctor Bargiela no ILG
30/04/24O investigador visitante no ILG Víctor Bargiela Zotes, da UNED, ofreceu o 30 de abril a conferencia Primeiras aproximacións ao estudo sociofonético da entoación nas Rías Baixas e na Costa da Morte na nosa sala de divulgación.
-
Xornada sobre tecnoloxías da linguaxe e visita ao ILG
26/04/24A directora do ILG, Elisa Fernández Rei, xunto a Senén Barro Ameneiro do CiTIUS, ofrecerá unha conferencia o venres 26 na xornada The Impact of Language Technologies on the Economy & Society, organizada pola Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) e a Xunta de Galicia. Dous días antes, o mércores 24 pola mañá, visitarán o ILG algúns membros da Oficina da Lingua Galesa, unha das entidades integrantes da rede NPLD.
-
Henrique Monteagudo presenta dous novos libros
24/04/24O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega. Ese mesmo día, ás 19:30 h, Monteagudo presentará na libraría Couceiro o volume Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega, editado por Galaxia.
-
Obradoiro "Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico"
12/04/24A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
-
Premio no PROPOR 2024
08/04/24Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".
-
Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA
08/04/24Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »