Actividades

Histórico de actividades

  • 24/11/26

    Esta nova edición aborda cuestións como as prácticas lingüísticas nas redes sociais, a creación de contido en linguas minorizadas, o multilingüismo, os discursos de odio contra o galego nestes espazos ou as posibilidades que ofrecen como recurso para a investigación, a innovación docente e a transmisión lingüística. O simposio terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC do 24 ao 26 de novembro de 2026 e a inscrición pode efectuarse ata o 20 de novembro.

  • 05/11/26

    A cuarta edición desta actividade, que terá lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da USC, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Este evento é organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 2 de novembro.

  • 02/06/26

    O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.

  • 29/05/26

    O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo de inscrición ata o 22 de maio de 2026.

  • 21/04/26

    O proxecto Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do ILG Teresa Amado e que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego, integra unha exposición sobre proxectos colaborativos na Facultade de Filoloxía da USC.

Páxinas