Interoperabilidade de recursos e produción automática de linguaxe natural
Esta liña ten como obxectivo, por unha banda, explorar a interoperabilidade entre recursos existentes para o galego, como dicionarios electrónicos e diferentes corpus, e, por outra, a conectividade entre os recursos monolingües e outros pluri ou multilingües, particularmente os provistos de maior sustento valencial, de cara á ánalise de vías de retroalimentación e posíbeis interaccións. Este estudo é o paso previo a unha proposta de desenvolvemento de ferramentas de xeración automática de linguaxe natural a partir de patróns sintáctico-semánticos argumentais e en ontoloxías semánticas que clasifican a extracción de léxico con consultas a Galnet, o wordnet do galego.
Actividades:
- Análise de interoperabilidade entre recursos:
- Creación de API para o galego (http://portlex.usc.gal/develop/gl/api/)
- Organización de actividades:
- Organización do Workshop: “Ontologías de semántica lingüística: clases en el lexicón para la generación de frases nominales”, Universidade Complutense de Madrid, 16-17 Maio 2019.
Proxecto: Ferramentas TraduWord e XeraWord: tradución de caudal léxico automática da linguaxe natural en galego e portugués
Convocatoria de proxectos colaborativos para institutos de investigación da USC. 2020.
- Institucións:
- Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela
- IPCA - Instituto Politécnico do Cávado e Ave - Barcelos
- Universidade de Vigo
- Membros:
- María Álvarez de la Granja
- Daniel Bardanca Outeiriño
- María Caíña Hurtado
- Francisco A. Cidrás Escaneo
- María José Domínguez Vázquez (IP)
- Xavier Gómez Guinovart
- José Luis Iglesias Allones
- Alberto Simões
- Carlos Valcárcel Riveiro
- Prototipos:
- Flexionador nominal: proporciona a flexión da palabra consultada en galego e portugués de maneira gratuíta.
- TraduWord: ferramenta que permite a tradución de repertorios de clases semánticas así como dos seus exemplares en relación paradigmática para o galego e portugués.
- XeraWord: prototipo de xeración automática da frase nominal simple para o galego e o portugués, baseado na tradución automática do léxico extraído de WordNet.