Rosario Álvarez Blanco

Catedrática da área Filoloxías Galega e Portuguesa. Docente na Facultade de Filoloxía e investigadora do ILG. Membro do grupo FILGA. Formada na USC: licenciatura e grao en Filoloxía Románica (1974), doutoramento en Filosofía e Letras (Románicas) coa tese O pronome persoal galego (1980).
Actividade investigadora centrada na variación e cambio lingüístico do galego, sobre todo en perspectiva diatópica; na gramática comparada portugués-galego (PE e PB); e na edición e estudo de textos do “galego medio” (séculos XVI-XVIII), sempre á procura do mellor coñecemento do galego contemporáneo, coa evolución diacrónica e diatópica que conduciu ata el.
Membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego desde os inicios. Coautora de dúas gramáticas do galego, con Monteagudo/Regueira (1986) e Xove (2002); IP do equipo redactor da gramática da RAG. Directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, no que colaboran equipos de Galicia, Portugal e Brasil. Codirectora do proxecto Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.
Foi Vicerreitora de Profesorado (1990-94), Directora do Departamento de Filoloxía Galega (1995-99), do Instituto da Lingua Galega (2005-13) e da revista Estudos de Lingüística Galega (2009-2018); Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018); membro da Comisión Executiva da RAG, como Tesoureira (2013-2017).
Académica numeraria da Real Academia Galega (desde 2003); coordina o Seminario de Gramática e dirixe a sección de Lingua. Presidenta do Consello da Cultura Galega (desde 2018).
Últimas publicacións
- “Polos camiños ás palabras”Rosario Álvarez Blanco (2021): Simposio ILG2021. 50 anos. Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 18-21 de outubro de 2021 - Presentación
- Rosario Álvarez Blanco (2021): Aquilino Iglesia Alvariño. «Da fonte máis fonda». Historia do vocabulario e outros escritos sobre o idioma galego, Rosario Álvarez / Aquilino Iglesia Ferreirós (eds.), Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 53-73 - Capítulo de libro
- Rosario Álvarez Blanco / Aquilino Iglesia Ferreirós (eds.) (2021): Aquilino Iglesia Alvariño. «Da fonte máis fonda». Historia do vocabulario e outros escritos sobre o idioma galego. Limiar de Rosario Álvarez, Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Libro