Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Investigadora principal: 
Membros do equipo: 
Marta Negro Romero
Sónia Valente Rodrigues
José Barbosa Machado
Descrición: 

O programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é unha acción do plan Proxecta, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Ese programa está integrado no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). 

A intención do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é achegar o alumnado dos centros participantes ao coñecemento da cultura local e tradicional, xa que pola súa idade acostuma a mostrar menos interese ou a ter menos contacto con ela. A finalidade desta acción é promover a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial, prestándolle especial atención ao vocabulario relacionado con aquelas actividades e saberes que se perderon ou están en proceso de desaparición debido ás profundas mudanzas económicas e sociais das últimas décadas.

Os obxectivos específicos que se procuran son:

  • Reflexionar sobre a importancia do coñecemento e mantemento do patrimonio cultural e lingüístico.
  • Recoller léxico patrimonial no medio en que vive o alumnado.
  • Organizar e analizar a información obtida no proceso de aprendizaxe.
  • Realizar traballos de investigación co léxico recollido para coñecer o patrimonio antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro.
  • Divulgar os resultados do proceso de aprendizaxe entre a comunidade educativa.

 

Imaxe: 
Data de execución: 
2017
Financiamento: 
Proxecto cofinanciado ao 75% na 1ª convocatoria do programa operativo INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Código: 0358_ GEOAPARD_1_E.