Avisos legais
Propiedade da páxina web e dos seus contidos
Este dominio web e as páxinas aloxadas nel son propiedade do Instituto da Lingua Galega (ILG), centro de investigación pertencente á Universidade de Santiago de Compostela. A finalidade destas páxinas é difundir as actividades do centro e dar a coñecer os traballos de investigación que nel se desenvolven.
A USC, as entidades colaboradoras nas actividades desenvolvidas no centro e os investigadores correspondentes son os titulares dos dereitos de propiedade intelectual e industrial da totalidade dos contidos aloxados neste dominio web. Tamén son propietarios dos resultados da investigación en forma aplicacións, artigos e publicacións mostrados no sitio. Os logotipos dos organismos colaboradores son da propiedade das entidades correspondentes.
Exención de responsabilidade
A información facilitada nesta web ten efectos unicamente informativos. O ILG non se compromete e declina toda responsabilidade sobre o mantemento e actualización destes datos. O ILG non se fai responsable dos danos e perdas que poida ocasionar o uso ilexítimo das ferramentas e da información contida nesta web.
O ILG non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos das páxinas externas enlazadas desde este sitio web.
O ILG ten reservada para si a facultade realizar, en calquera momento e sen aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida nesta web.
Normativa de uso
Os usuarios comprométense a utilizar esta páxina web sen incorrer en actividades que poidan ser consideradas ilegais ou que incumpran os dereitos do ILG e da USC. Os usuarios non poderán acceder a este sitio web co fin de danar, deteriorar ou inutilizar os servizos e a información ofrecida.
A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en sentido contrario, non pode ser utilizada para usos comerciais. Ademais, os usuarios que usen esta información ou as aplicacións aloxadas neste sitio deben cumprir as seguintes condicións:
- Non poderán realizar modificacións que supoñan a desnaturalización da información contida no dominio.
- Deberán, en todos os casos, citar a orixe (fonte) dos documentos e da información reutilizada.
- Deberán mencionar a data da última actualización da información ou dos documentos reutilizados.