Novidades

  • Destacado

    XXX Edición dos Cursos de verán

    03/07/17

    Do 3 ao 24 de xullo desenvolverase en Santiago de Compostela a XXX Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas.

  • Destacado

    Perífrases de xerundio no portugués do Brasil

    19/05/17

    O próximo venres 19 de maio ás 13.00 h na Sala de conferencias do ILG, Quezia Lopes, que está a realizar unha estadía de investigación no noso centro, dará unha charla sobre perífrases de xerundio no portugués do Brasil. 

  • Destacado

    Soraya Suárez Quintas, premio Nacional Fin de Carreira

    15/05/17

    A investigadora do ILG Soraya Suárez Quintas recibiu o Premio Nacional de Fin de Carreira de Educación Universitaria do Ministerio.

  • Destacado

    Convocatoria pública de contratación de persoal

    11/05/17

    Convocatoria pública 8/2017 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).

     

  • Destacado

    Convenio de colaboración entre a Xunta e o ILG

    11/05/17

    O Consello da Xunta do 11 de maio de 2017 aprobou un convenio entre a Xunta e a USC para desenvolver nos anos 2017 e 2018 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do ILG.

  • Destacado

    The Oxford Guide to the Romance Languages

    21/02/17

    No volume The Oxford Guide to the Romance Languages inclúese un capítulo dedicado a galego e portugués, asinado por Francisco Dubert e Charlotte Galves.

  • Destacado

    Language Variation - European Perspectives VI

    21/02/17

    No volume Language Variation - European Perspectives VI inclúese un capítulo dedicado á dialectoloxía galega, asinado por Xulio Sousa.

  • Destacado

    Novo éxito de TecAndALi, rede liderada polo grupo do ILG

    17/12/16

    TecAndALi, rede liderada polo grupo do ILG, consegue financiamento na Convocatoria das Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas 2016. 

  • Defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo

    02/05/17

    O martes 2 de maio no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía tivo lugar a defensa da tese de doutoramento de Gonzalo Hermo, investigador do ILG.

  • Joan Maria Jaime Moya, en Perugia

    27/04/17

    O investigador do CSIC Joan Maria Jaime Moya, que no mes de marzo fixo unha estadía no ILG, pronunciou o xoves 27 unha conferencia en Perugia (Italia).

Páxinas