Novidades

  • Publícase o segundo número da colección Limiar

    30/12/15

    O segundo número da colección Limiar, autoría de Héctor Cajaraville Araújo, leva por título Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres.

  • Investigadoras do ILG, entrevistadas na revista GCiencia

    22/12/15

    A filóloga Soraya Suárez Quintas e a matemática Laura Calaza Díaz foron entrevistadas na revista dixital GCiencia - O Portal da Ciencia Galega, con motivo do proxecto sobre percepción dialectal no que traballan.

  • Comunicación sobre dialectoloxía perceptiva

    11/12/15

    O venres 11 de decembro presentouse no ILG unha comunicación sobre procesamento e análise de datos de percepción sobre variación dialectal.

  • Ibero-Romance Languages in Contact and in Contrast

    10/12/15

    Do 14 ao 16 de decembro celebrouse en Gante o Congreso Internacional de Lingüística Iberorrománica Ibero-Romance in Contact and in Contrast.

  • XI Premios á calidade lingüística

    01/12/15

    A investigadora do ILG Sandra Beis Silva recibiu o Premio á calidade lingüística polo seu traballo fin de mestrado Os dicionarios toponímicos: caracterización, análise crítica e proposta.

  • O ILG colabora na mostra Galicia Máxica

    26/11/15

    O xoves 26 de novembro inaugurouse no Museo do Pobo Galego a exposición "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968”, na que colabora o ILG.

  • Clausura do Simposio ILG 2015

    24/11/15

    O mércores 25 de novembro tivo lugar a derradeira sesión do Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual.

  • Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual

    16/11/15

    O Simposio ILG 2015 pretende afondar no estudo do cambio lingüístico e prestar atención aos factores que están detrás dos procesos que actualmente teñen lugar.

  • Inauguración do Simposio ILG 2015

    16/11/15

    O luns 16 de novembro ás 17:00 h, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, terá lugar a inauguración do Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual.

  • Homenaxe ao ALGa

    13/11/15

    O venres 13 de novembro conmemorouse en Vigo o 25 aniversario da publicación do primeiro volume do Atlas Lingüístico Galego.

Páxinas