Variación e cambio no sistema lingüístico histórico galego-portugués

Descrición: 

O proxecto Variación e cambio no sistema lingüístico histórico galego-portugués (comparación entre o galego e o portugués popular brasileiro), produto dunha parcería entre pesquisadores brasileiros (da Universidade Federal Fluminense e da Universidade de S. Paulo) e galegos (da USC), oriéntase á comparanza entre variedades galegas e brasileiras. Levando conta da orixe común galego-portuguesa das variedades lingüísticas comparadas, preténdese pesquisar fenómenos comparables do galego e o portugués do Brasil, ampliando o foco comparativo ata agora utilizado na explicación de trazos propios de distintas variedades do portugués brasileiro, ao tempo que se reconsideran explicacións tradicionais sobre características actuais do galego. Por tanto, trátase de contemplar o diasistema histórico-lingüísticos galego-luso-brasileiro non só desde a perpectiva tradicional centrada nas "linguas nacionais", senón aproximándose aos (sub)sistemas que o constitúen.

Con respecto ao galego e o portugués brasileiro, o presuposto que percorre o proxecto non é dunha estrita continuidade histórica do galego medieval ao portugués popular brasileiro, senón o da filiación xenética. Preténdese observar as dinámicas de converxencia e diverxencia, de innovación e conservación que foron deseñando e redeseñando as diferentes variedades do diasistema galego-luso-brasileiro. Os primeiros resultados son xa bastante instigantes e estimulan non soamente a rever análises e presupostos tradicionais, senón tamén a realizar novas pesquisas.

Imaxe: 
Data de execución: 
2011
Financiamento: 
1ª Fase: Secretaría General de Universidades (Ministerio de Educación, España), convenio de cooperación con CAPES (Ministério de Educação, Brasil). PHB2009-0079-TA/PHB2009-0092-TA. 2ª Fase: 2014-2016. PHBP14/00049_1, 2, 3, 4