Pablo García Martínez presenta o 1 de xuño o seu libro Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane, editado por Laiovento. O acto terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 19:30 h.
Novidades
-
Presentación do libro de Pablo García Martínez
01/06/23 -
Participa nun test perceptivo
31/05/23Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? A túa participación neste test perceptivo ata o día 31 de maio pode ter premio.
-
Dous contratos de investigación no ILG
24/05/23Na Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 convócanse dous contratos a tempo parcial para traballar no ILG durante seis meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de maio ás 23:59 h.
-
Libro sobre a lingua de Viana do Bolo
12/05/23A colaboradora do ILG Concepción Álvarez Pousa acaba de dar ao prelo o libro A lingua de Viana do Bolo. Descrición e textos, onde nos achega ás características lingüísticas deste concello ourensán.
-
Visita de alumnado do IES Castelao
09/05/23O día 20 de abril visitou o ILG o alumnado de 3.º da ESO do IES Castelao de Vigo para coñecer a nosa historia e algúns dos proxectos que se están a desenvolver no centro.
-
ELG sobe para Q3 no Scimago Journal & Country Rank
05/05/23SCImago Research Group acaba de publicar os indicadores SCImago Journal Rank (SJR) correspondentes a 2022. A revista Estudos de Lingüística Galega subiu para o cuartil Q3.
-
Novo artigo de Henrique Monteagudo
04/05/23O investigador do ILG Henrique Monteagudo é coautor xunto a Joan Costa Carreras, da Universitat Pompeu Fabra, e Miren Azkarate, da Universidade do País Vasco, do artigo "Estandarología comparada entre lenguas de España: el concepto de estándar en la normativización lingüística académica”.
-
Xornadas sobre dispoñibilidade léxica
04/05/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Clara Lago Caamaño participan nas III Jornadas Científicas sobre la Investigación en Disponibilidad Léxica. La variación léxica, que teñen lugar na Universidade de Málaga o 4 e 5 de maio.
-
Artigo de Tânia Ferreira e Graça Rio-Torto en ELG
13/04/23Tânia Ferreira e Graça Rio-Torto, do Centro de Estudos de Linguística Geral e Aplicadada da Universidade de Coimbra, publican en Estudos de Lingüística Galega o artigo "Aprendentes espanhóis de Português língua estrangeira: atribuição de género gramatical em palavras sufixadas".
-
XXXIII Edición dos Cursos "Galego sen fronteiras"
03/04/23Os Cursos de verán de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, organizados pola RAG en colaboración co ILG, volverán traer a Santiago de Compostela entre o 3 e o 24 de xullo alumnado de todo o mundo para aprender o idioma de Galicia. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 3 de abril.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »