Hellen Picanço Simas, da Universidade Federal do Amazonas, impartirá un seminario sobre as linguas indíxenas do Brasil os días 9 e 10 de novembro na sala D-03 da Facultade de Filoloxía.
Novidades
-
Seminario sobre as linguas indíxenas do Brasil
09/11/22 -
Gonzalo Navaza ingresa na RAG o 5 de novembro
05/11/22A Real Academia Galega celebrará o 5 de novembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Gonzalo Navaza como membro de número da Institución.
-
Simposio Florencio Delgado Gurriarán
03/11/22A colaboradora do ILG Concepción Álvarez Pousa participa no Simposio Florencio Delgado Gurriarán, organizado pola Real Academia Galega.
-
Artigo de Víctor Lara Bermejo en ELG
28/10/22Estudos de Lingüística Galega publica o artigo The system of pronouns of address in Madeira, da autoría de Víctor Lara Bermejo, profesor da Universidade de Cádiz e membro do CELGA-ILTEC da Universidade de Coimbra.
-
Convocatoria de dous contratos no Proxecto Nós
19/10/22O día 18 de outubro foi publicada a convocatoria pública 07/2022 en que se ofertan dous postos de traballo vinculados ao Proxecto Nós.
-
Defensa da tese de doutoramento de José Manuel Dopazo
13/10/22O colaborador do ILG José Manuel Dopazo Entenza defenderá o mércores 19 a tese de doutoramento A lingua da Illa de Ons. Análise da variación e do cambio lingüístico, dirixida por Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Regueira.
-
Xornada sobre os medios de comunicación en galego
10/10/22Francisco Fernández Rei participa o día 10 na xornada Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel, organizada polo Consello da Cultura Galega.
-
Lexicography on the road II
06/10/22Nos meses de outubro e novembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC a segunda edición de Lexicography on the Road, organizado polo Mestrado EMLex en Lexicografía en colaboración co ILG.
-
Pablo García Martínez no seminario "Memorias literarias e culturais"
06/10/22Pablo García Martínez participará o vindeiro 6 de outubro no seminario de investigación Memorias literarias e culturais: perspectivas ibéricas e diálogos transatlánticos, organizado polo grupo ILLA da Universidade da Coruña.
-
Manuel González galardoado nos Premios da Cultura Galega
05/10/22O investigador do ILG Manuel González González foi galardoado pola súa traxectoria na modalidade de Lingua na última edición dos Premios da Cultura Galega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »