O lingüista portugués Ivo Castro será investido doutor honoris causa pola USC o venres 31, ás 12 h, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O catedrático da Universidade de Lisboa terá como padriño ao investigador do ILG Henrique Monteagudo.
Novidades
-
Ivo Castro, doutor 'honoris causa' pola USC
31/03/23 -
Artigo de Olaya Martínez Sánchez na revista ELG
29/03/23Olaya Martínez Sánchez publica no número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega o artigo "TermAst: compilación de léxicos de especialidad del asturiano".
-
Simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa
22/03/23O Instituto da Lingua Galega colabora coa organización do simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa, coordinado por Facundo Reyna-Muniain (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / Instituto da Lingua Galega, USC) e Craig Willis (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / EU Flensburg).
-
Conferencia de Takeshi Kakihara no ILG
17/03/23O profesor visitante no ILG Takeshi Kakihara, da Universidade Kwansei Gakuin (Xapón), ofrecerá o venres 17 de marzo, ás 12:30 h, a conferencia O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego.
-
Conferencia de Hellen Picanço Simas no ILG
10/03/23A profesora visitante no ILG Hellen Cristina Picanço Simas, da Universidade Federal do Amazonas, ofrecerá o 10 de marzo, ás 11 h, a conferencia Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil.
-
Seminario sobre Tecnoloxías da Fala
07/03/23O 7 e o 14 de marzo, ás 16 horas, terán lugar na Facultade de Filoloxía as dúas sesións do seminario Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital, impartido pola investigadora do ILG Carmen Magariños.
-
Xoán Goris recibe a mención especial nos Premios á calidade lingüística
02/03/23O investigador do ILG Xoán Carlos Goris García recibiu unha mención especial nos Premios á calidade lingüística polo TFM Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico en galego, dirixido por Xosé Luís Regueira Fernández.
-
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
27/02/23Telmo Móia, profesor da Universidade de Lisboa e investigador do Centro de Linguística da mesma universidade, publica en Estudos de Lingüística Galega o traballo "Sobre o uso de orações gerundivas adnominais em português".
-
Membros do ILG no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
05/02/23María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García e Xulio Sousa participan nas conversas temáticas do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Ana Boullón e Luz Méndez dan ao prelo dúas novas publicacións
01/02/23Ana Boullón e Luz Méndez son as editoras de Os camiños de Santiago de Europa a Galicia: Lugares, nomes e patrimonio e Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria. Xornada de estudo. Pontevedra, 15 de outubro de 2022, ambas as obras publicadas pola Real Academia Galega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »