O ILG lamenta fondamente a perda da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, figura fundamental na recolla e preservación do noso folclore musical, quen mantivo unha estreita relación co Instituto.
Novidades
-
Fondo pesar polo pasamento de Dorothé Schubarth
08/09/23 -
Investigadores do ILG no X Congreso da SIDG
04/09/23Investigadores do ILG participan no X Congress of the International Society for Dialectology and Geolinguistics, que ten lugar do 4 ao 8 de setembro en Bucarest (Romanía).
-
ELG renova o selo de calidade da FECYT
03/09/23A revista Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). O selo recoñece a calidade, visibilidade e impacto de revistas científicas de distintas categorías.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/07/23No concurso público 07/2023, da Universidade de Santiago de Compostela, convócase unha praza de investigador(a) colaborador(a) a tempo completo para traballar no ILG.
-
Curso de MAXQDA
20/07/23Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.).
-
Reunión do PERTE "Nova Economía da Lingua"
14/07/23A primeira xuntanza en Galicia do proxecto Nova Economía da Lingua (NEL),que conforma un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) centrado na nova economía da lingua, botou a andar este xoves 13 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, sede do proxecto Nós, e finalizou esta mañá.
-
Mulleres na lexicografía, 1.º premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia
14/07/23O proxecto Mulleres na lexicografía / Woman in Lexicography, dirixido pola investigadora do ILG M.ª José Domínguez Vázquez, vén de acadar o 1.º premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia nos XIV Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación, concedidos pola Universidade de Santiago de Compostela.
-
Publícase o corpus ParlaMint 3.0 con datos do Parlamento galego
05/07/23Acaba de facerse público o corpus ParlaMint 3.0, en que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e etiquetaxe dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). ParlaMint é un proxecto que se desenvolve no marco de CLARIN, cuxo obxectivo é a creación dun corpus de sesións parlamentarias multilingües comparables e homologadas.
-
Comezan os Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
04/07/23O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega retomaron onte a celebración dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, despois de tres anos de interrupción por mor da pandemia de coronavirus, que organizan co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
-
Entrevista á directora do ILG
03/07/23Elisa Fernández Rei ofreceu unha entrevista ao xornal Nós Diario con motivo do seu recente nomeamento como directora do Instituto da Lingua Galega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »