Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística.
Novidades
-
ELG en Dialnet Métricas
02/11/23 -
"Visita e café" con Luke Bishop
30/10/23O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.
-
Dolores Vilavedra, representante do ILG no Consello da Cultura Galega
27/10/23Tras acordo do Consello Científico celebrado no Instituto o 10 de outubro, Dolores Vilavedra é a nova representante da nosa institución no Pleno do Consello da Cultura Galega en substitución de Elisa Fernández Rei, actual directora do centro. Vilavedra tomou posesión o 25 de outubro na sesión celebrada na sede do Consello e presidida por Rosario Álvarez.
-
Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP
27/10/23María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
-
A práctica do piropo nos novos tempos
26/10/23Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro.
-
"Visita e café" con Juan Manuel Fustes Nario
23/10/23O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG. Farias dedicouse durante máis dunha década ao ensino da lingua italiana no nivel secundario e desde o ano 2006 integrou grupos e liñas de investigación relacionadas co ensino e a aprendizaxe de linguas.
-
VIII Xornada de Onomástica Galega
21/10/23A VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, coordinada por Ana Boullón e Luz Méndez, investigadoras do ILG e membros do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, terá lugar o vindeiro 21 de outubro no Museo de Pontevedra.
-
Pesar polo falecemento de Gustav Henningsen
18/10/23O ILG lamenta o falecemento do investigador danés Gustav Henningsen. Especialista no estudo das tradicións populares e director durante varias décadas do Dansk Folkemindesamling, Henningsen doou ó ILG boa parte do material sonoro correspondente ás súas investigacións realizadas en Galicia.
-
Os cursos "Galego sen fronteiras" Premio da Cultura Galega
17/10/23Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, organizados polo ILG e a Real Academia Galega, acaban de ser galardoados na modalidade "Proxección Exterior" dos Premios da Cultura Galega.
-
XXV Encontros para a Normalización Lingüística
17/10/23O 17 de outubro teñen lugar no Consello da Cultura Galega os XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que contarán coa participación do investigador do ILG Miguel Guisantes Alonso.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »