Fitofaladoiro
Investigadora principal:
Membros do equipo:
Descrición:
O Fitofaladoiro é un proxecto multidisciplinar desenvolvido polo Herbario SANT (na Facultade de Farmacia da USC) e o ILG. Os seus fins son varios:
- Recoller nomes e usos tradicionais de plantas ventureiras de Galicia. Tamén resultan de interese outros aspectos culturais relacionados coas plantas, coma a existencia de lendas, contos, refráns, crenzas, xogos, etc.
- Aprender a crear un herbario.
- Recoller elementos culturais que están a desparecer; formentar o respecto polos saberes tradicionais e a Natureza; fomentar o diálogo interxeracional, entre os nenos e as persoas maiores.
- Mostrar as posibilidades do galego no contexto das ciencias naturais.
En principio, o proxecto está dirixido ós alumnos dos centros de Ensino Medio e do Bacharelato de Galicia. Neles preténdese involucrar tanto ós profesores de lingua galega coma os profesores de ciencias naturais, promovendo a comunicación entre as ramas do saber das Humanidades e das Ciencias Naturais. Mais o proxecto tamén está aberto á colaboración de asociacións culturais, en xeral, ou de persoas interesadas en colaborar de xeito individual.
Imaxe:
Data de execución:
2012
Financiamento:
Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Recursos: