Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
virare

Creado por Gonzalo Valiñas Baños o 24/10/2026 ás 10:39.

1.
Categoría gramatical

verbo transitivo

Equivalente

virar

Categoría gramatical do equivalente

verbo transitivo

Descrición

Utilízase no ámbito náutico e aeronáutico.

Exemplo en italiano

Il nocchiere virò la nave a sinistra per schivare lo scoglio.

Tradución ao galego

O timonel virou o barco á esquerda para esquivar o escollo.

Fonte do exemplo

creado ad hoc

2.
Categoría gramatical

verbo intransitivo

Equivalente

virar

Categoría gramatical do equivalente

verbo intransitivo

Descrición

Utilízase no ámbito náutico e aeronáutico.

Exemplo en italiano

L'aereo virò verso l'aeroporto della città.

Tradución ao galego

O avión virou cara ao aeroporto da cidade.

Fonte do exemplo

creado ad hoc

3.
Categoría gramatical

verbo intransitivo

Equivalente

cambiar

Categoría gramatical do equivalente

verbo transitivo

Exemplo en italiano

La band virò decisamente direzione approdando ad una forma di hard rock.

Tradución ao galego

A banda cambiou decididamente de dirección chegando a unha forma de hard rock.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

Observación

Falso amigo parcial. Vid. VIRAR

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 10/11/2026 ás 05:11].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios