Profesora do Departamento de Filoloxía Galega. Interesada en moitas cousas variadas, entre elas... bailar, a sociolingüística e a entoación.
Sobre nós
As caras, ideas e paixóns detrás de Lingua Viva
Este proxecto empezounos a dar voltas na cabeza en 2019 e fixo falta moita insistencia e moita imaxinación para conseguir que a idea comezase a camiñar. A nosa perseveranza para levar a cabo este proxecto nacía da convicción de que o galego é unha lingua viva, con futuro e que as persoas que o falan son o seu maior tesouro. Seguimos convencidas de que os falantes e as falantes teñen moito que dicir, que non son só unha fonte de datos para a investigación en lingüística, senón que tamén atesouran saberes, teñen inquietudes e dúbidas sobre como falan, poden contribuír con ideas para que avance o coñecemento e achegan novas preguntas de investigación relevantes.
Profesora do Departamento de Filoloxía Galega. Amante dos detalles, do Celta e das palabras.
Profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá. (Pre)ocupada coa lexicografía bilingüe e multilingüe. Adora falar e rir cos seus (e cos outros tamén!). Seareira do Obradorio Club de Baloncesto.
Profesora do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Apaixonada da gramática, das linguas e as palabras. Admiración e curiosidade polas persoas que as empregan, pola mente e o cerebro.
Profesora do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana. Galega de corazón, italiana de espírito e lexicómana irredenta.
Investigador predoutoral na área de Filoloxía Alemá. Entusiasta de viaxar polo mundo a través das linguas, dos dicionarios e do teatro.
Enxeñeiro informático no ILG, onde pasa o día rodeado de ordenadores e “filoloucos”.