Tes a palabra! permíteche crear dicionarios, participar nalgúns dos que xa están creados ou facer comentarios sobre as obras ou as entradas xa publicadas. Para iso, simplemente tes que rexistrarte en Lingua Viva e iniciar sesión. Os dicionarios poden ser de tres tipos: individuais, colaborativos e públicos. Nos individuais, só a persoa que creou o dicionario pode engadir e modificar entradas. Nos colaborativos, pode traballar un grupo de persoas (por exemplo, o alumnado dunha clase) a través dun contrasinal compartido. Nos públicos, todas as persoas rexistradas en Lingua Viva poden engadir entradas ou modificar as creadas por elas.
Para crear unha obra, preme en “Crear dicionario” e vai enchendo os campos que che solicita a aplicación (só os que teñen asterisco son obrigatorios). Preme en "Amoxar axuda" para ver unhas breves indicacións que te irán guiando. Unha vez creado o dicionario, para engadir entradas tes que premer no signo “+” e ir enchendo os campos. Se así o desexas, podes facer unha versión en inglés, pero non é preciso. E se tes calquera dúbida ou suxestión, envíanola a través deste formulario.