Financiamento
- Ministerio de Cultura (subvención dos bienios 2023-2024 e 2024-2025).
- Grupo de Referencia Competitiva FILGA. Filoloxía e Lingüística Galega (GI-1743): Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema universitario de Galicia da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia (2021-2024 e 2025-2028).
- Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2025, 2026, 2027 e 2028 un Programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega.
- Mestrado Europeo en Lexicografía (EMLex) (2023-).
- Programa de micromecenado da USC (2019-).
Premios
En 2023 o proxecto Mulleres na lexicografía / Women in Lexicography, dirixido por María José Domínguez Vázquez, membro do equipo de Lingua Viva, acadou o 1.º premio na categoría de Introdución da perspectiva de xénero na docencia nos XIV Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación, concedidos pola Universidade de Santiago de Compostela.