Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
banco

Creado por Maite o 28/05/2026 ás 16:05.

1.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

pupitre

Categoría gramatical do equivalente

substantivo masculino

Exemplo en italiano

Ci saranno sempre più banchi vuoti sin dalle scuole elementari?

Tradución ao galego

Haberá cada vez máis pupitres baleiros xa desde a escola primaria?

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

2.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

banco

Categoría gramatical do equivalente

substantivo masculino

Descrición

Co significado de 'asento', 'mesa'.

Exemplo en italiano

Seduto accanto ad Alvano, cominciava a muoversi nervosamente sul banco diventato improvvisamente scomodo.

Tradución ao galego

Sentado a carón de Alvano, comezaba a moverse nerviosamente no banco, que de súpeto se volvera incómodo.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

3.
Categoría gramatical

substantivo masculino

Equivalente

mostrador

Categoría gramatical do equivalente

substantivo masculino

Exemplo en italiano

La cucina cinese, anche se spesso servita al banco da portare via, non è di solito considerata fast food.

Tradución ao galego

A cociña chinesa, aínda que a miúdo se serve no mostrador para levar, non adoita considerarse comida rápida.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

Observación

Falso amigo parcial. Vid. BANCO (gal.)

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 01/06/2026 ás 18:58].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios