Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Sandra Vázquez Núñez
Descrición: 

Este proxecto ten como finalidade a elaboración dun corpus de textos orais en galego e en castelán a partir de materiais sonoros obtidos en Galicia entre 1964 e 1967. Os materiais que conforman este corpus foron doados ó ILG polo etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen en 2009. Estes rexistros corresponden a un traballo de investigación sobre crenzas tradicionais, especialmente sobre meigas e endemoñados, subvencionado pola Universidade de Copenhague e o Consello Danés de Investigacións Científicas. Durante o desenvolvemento desta investigación, o profesor Henningsen percorreu varias aldeas e vilas galegas fotografando e facendo entrevistas sobre ritos de maxia e curación. Os materiais doados ó ILG (máis de 150 horas de gravacións) ofrecen unha interesante fonte de información sobre a lingua e a sociedade galega dos anos sesenta do século pasado. Entre estes materiais recóllese tamén unha boa cantidade de lendas tradicionais e cantigas populares.

As gravacións doadas polo profesor Henningsen, unha vez transcritas e procesadas, serán utilizadas polos investigadores do ILG para realizar distintas investigacións lingüísticas. Parte dos materiais en galego deste corpus pasarán a formar parte do proxecto CORILGA.

Imaxe: 
Data de execución: 
2010 a 2013
Financiamento: 
Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario Galego, Axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas