Toponomasticon Hispaniae

Investigadora principal: 
Membros do equipo: 
Paulo Martínez Lema
Carlos Búa
Paula Bouzas
------------------------
Portugal
Esperança Cardeira
Maria Alice Fernandes
Carlos Rocha
Descrición: 

Toponomasticon Hispaniae ten como obxectivo o estudo e divulgación dun corpus seleccionado de nomes de lugar de todo o territorio español e portugués e, asemade, o establecemento de bases metodolóxicas firmes para o estudo da toponimia. Está composto por seis subproxectos coordinados, radicados en diferentes universidades españolas, que reúnen máis de 60 integrantes.

De cada un dos nomes de lugar realizarase unha ficha toponímica, con información xeográfica, etnográfica, histórica, cartográfica e lingüística; esta última incluirá a etimoloxía, forma fónica, motivación, clasificación semántica, cognados, xentilicios e seudoxentilicios. A partir das fichas de cada topónimo deseñarase unha ficha panhispánica na que se condensará a evolución de cada étimo cos resultados nos diversos territorios. En ambas as fichas disporanse ligazóns hipertextuais que posibilitarán procuras en múltiples direccións. Finalmente situaranse nunha páxina web que ao fin do proxecto se porá a disposición do público en internet. 

O proxecto coordinado inclúe seis subproxectos que abarcan todo o territorio peninsular e as illas de España e Portugal:  

Subproxecto 1: Toponimia de Galicia e Portugal. IP: Ana Isabel Boullón Agrelo (Universidade de Santiago de Compostela).

Nesta primeira fase do proxecto prevese o estudo de 400 topónimos galegos e 100 portugueses, que inclúen tanto nomes de núcleos de poboación como talasónimos, orónimos, hidrónimos e corónimos. 

Subproxecto 2: Toponimia asturiano-leonesa. IP: Toribio Fuentes Cornejo (Universidad de Oviedo) 

Subproxecto 3: Toponimia de Aragón, Cantabria y La Rioja. IP: Javier Rigalt Latorre (Universidad de Zaragoza) 

Subproxecto 4: Toponimia del País Vasco y Navarra. IP:  Patxi Xabier Salaberri Zaratiegi (Universidad Pública de Navarra) 

Subproxecto 5: Toponimia de l’arc mediterrani. IP: Emili Casanova Herrero (Universitat de València) 

Subproxecto 6: Toponimia de las zonas central sur e insular atlántica. IP: Emilio Nieto Ballester (Universidad Autónoma de Madrid) 

Data de execución: 
2021 a 2025
Financiamento: 
Convocatoria Proxectos de I+D+I 2020 Retos de Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades) (PID2020-114216RB-C61)