ARCA. Corpus Oral de Galego Rural
O proxecto ten como propósito fundamental a documentación do galego oral utilizado nas zonais rurais do dominio lingüístico galego. Pretende ser un complemento actualizado dos corpus de galego existentes. Os textos recollidos poranse a disposición dos investigadores e permitiran a descrición e análise das variedades faladas en distintos niveis (fonético, morfosintáctico, léxico, etc.).
A documentación lingüística recádase a partir de entrevistas gravadas en distintos lugares do territorio de fala galega. Na primeira campaña serán entrevistadas persoas adultas que sexan falantes habituais de galego. Os materiais ofreceranse en audio, en forma transcrita e tamén a través dunha ferramenta de consulta específica.
