O xoves 21 Cecilia Farias, da Universidade de São Paulo, conversará na segunda sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu mes de estadía.
News
-
"Visita e café" con Cecilia Farias
09/21/23 -
O ILG inaugura as charlas informais "Visita e café"
09/18/23Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.
-
Artigo en ELG de Maria José Carvalho
09/14/23Maria José Carvalho, da Universidade de Coimbra, publica no último número de Estudos de Lingüística Galega o artigo "Metafonia e inflexão vocálica na história do português. Breve comparação com algumas línguas ibero-românicas".
-
"Visita e café" con Laura Lesta García
09/14/23Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.
-
Fondo pesar polo pasamento de Dorothé Schubarth
09/08/23O ILG lamenta fondamente a perda da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, figura fundamental na recolla e preservación do noso folclore musical, quen mantivo unha estreita relación co Instituto.
-
Investigadores do ILG no X Congreso da SIDG
09/04/23Investigadores do ILG participan no X Congress of the International Society for Dialectology and Geolinguistics, que ten lugar do 4 ao 8 de setembro en Bucarest (Romanía).
-
ELG renova o selo de calidade da FECYT
09/03/23A revista Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). O selo recoñece a calidade, visibilidade e impacto de revistas científicas de distintas categorías.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
07/21/23No concurso público 07/2023, da Universidade de Santiago de Compostela, convócase unha praza de investigador(a) colaborador(a) a tempo completo para traballar no ILG.
-
Curso de MAXQDA
07/20/23Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.).
-
Reunión do PERTE "Nova Economía da Lingua"
07/14/23A primeira xuntanza en Galicia do proxecto Nova Economía da Lingua (NEL),que conforma un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) centrado na nova economía da lingua, botou a andar este xoves 13 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, sede do proxecto Nós, e finalizou esta mañá.