A VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, coordinada por Ana Boullón e Luz Méndez, investigadoras do ILG e membros do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, terá lugar o vindeiro 21 de outubro no Museo de Pontevedra.
News
-
VIII Xornada de Onomástica Galega
10/21/23 -
Pesar polo falecemento de Gustav Henningsen
10/18/23O ILG lamenta o falecemento do investigador danés Gustav Henningsen. Especialista no estudo das tradicións populares e director durante varias décadas do Dansk Folkemindesamling, Henningsen doou ó ILG boa parte do material sonoro correspondente ás súas investigacións realizadas en Galicia.
-
Os cursos "Galego sen fronteiras" Premio da Cultura Galega
10/17/23Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, organizados polo ILG e a Real Academia Galega, acaban de ser galardoados na modalidade "Proxección Exterior" dos Premios da Cultura Galega.
-
XXV Encontros para a Normalización Lingüística
10/17/23O 17 de outubro teñen lugar no Consello da Cultura Galega os XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que contarán coa participación do investigador do ILG Miguel Guisantes Alonso.
-
Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica
10/16/23Este curso será impartido pola profesora Elisângela Santana dos Santos, da Universidade do Estado da Bahia, do 16 ao 18 de outubro na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC.
-
Isabel Molina e Leonardo Marcotulio na "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"
10/09/23Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os conferenciantes convidados na II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
10/09/23Esta xornada, que pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas, terá lugar o luns 9 de outubro no salón de graos da Facultade de Filoloxía.
-
Aberto o prazo de inscrición da "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"
10/09/23Do 1 ao 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Na páxina do evento pode efectuarse a inscrición e consultar o programa definitivo.
-
Aberto o prazo de inscrición no Plan Proxecta
09/29/23Ata o 29 de setembro está aberto o prazo para que os centros de ensino se inscriban no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, en que participa o ILG con dous programas.
-
"Visita e café" con Angelo de Souza Sampaio
09/28/23O xoves 28 Angelo de Souza Sampaio, da Universidade Federal da Bahia (UFBA), conversará na terceira sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu ano no ILG.