O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
News
-
Visita e café con Víctor Bargiela Zotes
01/30/24 -
Investigadores do ILG na reunión de presentación de CLARIAH-ES en Donostia
01/26/24Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa, membros do ILG, participaron o 25 de xaneiro en Donostia na presentación de CLARIAH-ES, cuxo obxectivo xeral é impulsar actividades de promoción das infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e organizar a participación oficial de España nestas.
-
Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC
01/15/24Francisco Dubert García e Xulio Sousa volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Un traballo de Lois Atanes Barciela pecha o último número de ELG
01/08/24Lois Xacobe Atanes Barciela, da Universidade de Helsinqui e da Universidade de Tampere (Finlandia), pecha co artigo "O discurso referido directo no contexto do cambio de código" o número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Estudos baseados no corpus CORTEGAL nun novo anexo de Verba
12/28/23María Álvarez de la Granja e Vítor Míguez encárganse da edición do Anexo 84 deVerba, publicación da USC, titulado Perspectivas sobre a escrita académica en galego: estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes.
-
Terceira edición da xornada "LingüisticaMente"
12/20/23O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.
-
Reyes Rodríguez na "I Xornada de multilingüismo" da Universidade de Vigo
12/15/23A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez participa o venres 15 na I Xornada de multilingüismo, organizada pola Universidade de Vigo, onde falará sobre "Multilingüismo: o caso da mocidade na Limia Baixa".
-
Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas
11/28/23Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
-
"Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira
11/20/23O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).
-
O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos
11/17/23O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos.