Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Portuguesa (TMILP)

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
César Osorio Peláez
Descrición: 

Forma parte do Tesouro Medieval Galego-Portugués, o corpus lingüístico medieval de Galicia e Portugal. Dentro del englóbase no Dom Dinís, que representa a ponla portuguesa do Tesouro. Nela acolle os textos medievais en romance portugués.

Durante o ano 2012 non se arrequentou a base con novas obras. Deste particular ocúpase un grupo da Universidade Nova de Lisboa, co que continúa aberta a colaboración (os Profesores João Malaca Casteleiro [Academia das Ciências de Lisboa] e Maria Francisca Xavier [Centro de Linguística da Universidade Nova de Lisboa]) e que dará lugar ó desexable e esperado corpus medieval conxunto galego-portugués. A colaboración ampliarase no futuro á elaboración do Dicionario medieval galego-portugues, botado xa andar polo equipo lisboeta co seu Dicionario do Português Medieval e que deberá ser redefinido no futuro para axeitalo ó novo horizonte.

Imaxe: 
Data de execución: 
1992
Financiamento: 
Sen financiamento externo