Gramática Histórica da Lingua Galega (GHLG)

Descrición: 

A realización desta obra foi o que motivou a construción dun corpus do galego medieval. Durante bastantes anos quedou relegada a un segundo plano e os esforzos centráronse sobre todo nos traballos do Xelmírez. A actividade concéntrase en cinco obxectivos:

  1. Establecemento, revisión e mellora dos parámetros de lematización e etiquetación gramatical das obras medievais.
  2. Revisión dos parámetros de análise da base de datos de sintaxe do galego medieval (AOGM).
  3. Preparación (informatización e codificación) das obras do galego medio (Idade Moderna) para a inclusión dos datos lingüísticos do período nas explicacións globalizadas da gramática histórica.
  4. Construción de bases de datos parciais (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas) nas que se recollen e codifican as atestacións textuais dos cambios lingüísticos. Na actualidade ponse o foco moi especialmente no arquivo sistemático de unidades de interese para os estudos fonéticos.
  5. Redacción dalgúns capítulos da obra. Están moi avanzados os correspondentes á teoría do cambio lingüístico, ás fontes textuais de estudo, ao vocalismo, ao consonantismo, ao verbo, ao posesivo e aos pronomes de cuantificación.
Imaxe: 
Data de execución: 
2007
Financiamento: 
Carece de financiamento