A evolución sociolingüística de Galicia (1950-2010): procesos de desgaleguización e (re)galeguización

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Xurxo Martínez González
María Paz Rodríguez
Xandre Vázquez
María Dolores Villanueva Gesteira
Sandrine Zeuner-Guerrier
Descrición: 

O obxectivo deste proxecto é analizar a evolución da situación sociolingüística da lingua galega desde 1950, en Galicia e fóra dela (comunidades emigradas). Aténdese aos distintos aspectos:

  1. A evolución das variables demo- e sociolingüísticas básicas, en relación coas dinámicas sociais. Ponse especial atención nos fenómenos de cambio de lingua no proceso de transmisión interxeracional e ó longo da vida das persoas, tentando identificar as variables sociais con maior poder explicativo destes cambios: o abandono e a recuperación da lingua.
  2. A evolución do uso do galego e o castelán nos distintos dominios públicos, isto é na comunicación social en senso amplo. Ponse especial atención no estudo dos axentes que influíron de xeito máis decisivo na ampliación de usos do galego.
  3. A elaboración do idioma, en particular, a súa codificación normativa, atendendo non soamente á estandarización da lingua e os debates relacionados con esta, senón tamén da comunidade lingüística.
  4. As diferentes ideoloxías e contraditorias representacións sociolingüísticas en pugna, con especial atención ás dinámicas glotopolíticas e as políticas lingüísticas (propostas e postas en marcha), tendo en conta non soamente ás dinámicas arriba> abaixo senón tamén abaixo > arriba.
  5. No caso das comunidades emigradas, atenderase aos procesos de asimilación / mantemento da lingua, como parte das dinámicas de retención / abandono / revitalización da identidade galega.
Imaxe: 
Data de execución: 
2012 a 2018
Financiamento: 
Sen financiamento externo