Corpus de Textos Antigos de Galicia (COTAGAL)

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Raquel Alonso Parada
Alexandra Cabana Outeiro
Pedro Dono López
Rocío Dourado Fernández
Descrición: 

O obxectivo do proxecto, antes denominado Transcricións paleográficas de obras medievais, é a (multi)edición de obras literarias e prosa documental producidos na Galicia medieval (sécs. IX-XV) e moderna (sécs. XVI-XVIII). A metodoloxía empregada supón un triplo acceso ao texto: (1) Transcrición paleográfica (TP), coa posibilidade de reflectir a variación (alo)gráfica do texto e de incluír ou non o desenvolvemento dos símbolos abreviativos. (2) Presentación crítica do texto, que supón a nivelación e redistribución das unidades gráficas irrelevantes do punto de vista escriptolingüístico e a introdución de parámetros de adecuación suprasegmental (segmentación gráfica, acentuación, puntuación, etc.). (3) Reprodución facsimilar do manuscrito. Deste xeito, o aproveitamento dos textos é múltiple: estudos escriptolóxicos e grafemáticos (1), estudos lexicográficos, literarios ou históricos (2), estudos pictográficos e comprobación das lecturas (3). O obxectivo último do proxecto é facer posíbel o acceso en rede a todos estes materiais e, máis adiante, proceder á súa lematización. O COTAGAL ocúpase principalmente de textos galegos, mais tamén latinos, casteláns e portugueses facturados en Galicia.

Na actualidade están en proceso de codificación e preparación varias coleccións documentais (exs. Santo Estevo de Chouzán, San Fiz de Cangas, San Xoán da Cova, San Paio de Antealtares), cartularios (exs. Santa María de Sobrado dos Monxes, Confraría de San Xoán Bautista de Pontevedra), documentación solta medieval e moderna (AHSPA, ACS, AHUS, AHN) e diferentes obras literarias (exs. Historia Troiana, Xeral Historia). Por outra banda, como integrante da Rede Internacional CHARTA (Corpus Hispánico y Americano en la Red: Textos Antiguos), o COTAGAL traballa tamén con documentación galega en castelán ou híbrida galego-castelán (sécs. XIII-XIX).

Imaxe: 
Data de execución: 
2006
Financiamento: 
Sen financiamento externo específico.