Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX

Investigador principal: 
Membros do equipo: 
Descrición: 

O traballo ten dous obxectivos fundamentais. O primeiro é a revisión e clasificación completa dos materiais do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) correspondentes ás localidades situadas nos dominios lingüísticos galego (62 localidades) e portugués (93 localidades), co fin de realizar unha descrición completa e profunda da diversidade xeolingüística das falas rurais faladas nestas áreas na primeira metade do século pasado. O segundo propósito é emprender unha análise comparativa dos materiais do ALPI e da información rexistrada para proxectos de xeolingüística iniciados posteriormente nas áreas de estudo.

Data de execución: 
2019 a 2022
Financiamento: 
FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/Proxecto PGC2018-095077-B-C44