Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño
Data:
luns, Decembro 2, 2024 - 11:00
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/defensa_tese_doutoramento_clara_lago_caamano.png?itok=mePEhEQL)
Clara Lago Caamaño, quen estivo a realizar a súa investigación no ILG cun contrato FPU, defendeu o luns 2 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.
O tribunal estivo constituído por Natividad Hernández Muñoz (Universidad de Salamanca), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela) e Alberto Gómez Bautista (Escola Superior de Hotelaria e Turismo de Estoril).