Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño

Data: 
Monday, December 2, 2024 - 11:00
Imaxe: 

Clara Lago Caamaño, quen estivo a realizar a súa investigación no ILG cun contrato FPU, defendeu o luns 2 de decembro na Facultade de Filoloxía da USC a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.

O tribunal estivo constituído por Natividad Hernández Muñoz (Universidad de Salamanca), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela) e Alberto Gómez Bautista (Escola Superior de Hotelaria e Turismo de Estoril).