Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Gloria Viviana Nieto

Creado por miguellopez o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Gloria Viviana Nieto

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Español

Información biográfica / Biographical information

Bogotá, Colombia

Traxectoria profesional / Career description

Gloria Viviana Nieto Martín é una lingüísta e educadora cunha sólida formación académica especializada. A súa formación académica susténtase nun Mestrado en Lingüística Española do Instituto Caro y Cuervo e nunha Licenciatura en Español-Inglés pola Universidad Pedagógica Nacional. Posteriormente converteuse en doutoranda en Tradutoloxía, Tradución Profesional e Audiovisual na Universitat d’Alacant, completando ademais um mestrado en Lexicografía Hispánica pola Real Academia Española e a Universidad de León. Así mesmo, cursou un Máster en Lingüística Aplicada ó Ensino do Español como lingua estranxeira na Universidad de Jaén. A súa excelencia académica foi recoñecida con bolsas da Fundación Carolina e da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), que realizou na Academia Colombiana de la Lengua. No ámbito profesional, traballa como profesora de español para estranxeiros tanto no Instituto Caro y Cuervo como na Universidad Externado de Colombia. O seu labor como formadora de docentes esténdese tamén a institucións como a Universidad del Magdalena en Colombia e a Universidad Ricardo Palma no Perú. Dentro do Instituto Caro y Cuervo desempeña funcións de coordinación en varios programas de formación para profesores de Español como Lingua Estranxeira (ELE). Entre as súas responsabilidades atópanse a coordinación do Diplomado en Pedagoxía e Didáctica para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira (tanto en modalidade presencial como a distancia), o Diplomado en Formación de Profesores de Español Escrito como Segunda Lingua para Estudantes Xordos Signantes, así como o Curso de Verán para Profesores de Español como Lingua Estranxeira.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

· Nieto, G. (2024). Variación léxica de las locuciones verbales somáticas del español de Colombia: Diatopía, diafasia y polisemia. ISLAS, ed. 66. https://islas.uclv.edu.cu/index.php/islas/article/view/1436 · Nieto Martín, G. V. (2024). Especialización léxica diatópica de las locuciones verbales somáticas de Colombia y España: ¿una cuestión lingüística o idiosincrásica? en De la hipótesis a la tesis: La dimensión cultural de la traducción, 281-304.  · Nieto, G. (2024). El Corpus léxico del español de Colombia CorlexCo y su aplicación a la investigación sobre el español LE y L2. TEISEL. Tecnologías para la investigación en segundas lenguas, 3. https://doi.org/10.1344/teisel.v3.46686 · Nieto,G. & Mogorrón, P. & Hernández, G. L. (2022). Mismas expresiones distintos significados. Revista Nebrija de Lingüística Aplicada a la Enseñanza de Lenguas, Volúmen 16. ed. 32, 40–57. · Nieto, G. (2022). Abrir la boca y abrir el pico: Locuciones verbales somáticas usadas en Colombia y España. In De la hipótesis a la tesis: Traductología y lingüística aplicada, 187-208. · Nieto, G., & Labrada, G. (2022). Variación diatópica de las unidades fraseológicas zoomorfas en el español de Cuba y Colombia. Newsletter Chakiñan de Ciencias Sociales y Humanidades, ed.18, 38-49. · Nieto, G. (2020). Variación léxica de las locuciones verbales de Colombia y España [Tesis doctoral, Universidad de Alicante]. RUA. Repositorio Institucional de la Universidad de Alicante. https://rua.ua.es/dspace/handle/10045/109692 · Nieto, G. & Suttner, Q. (2017). Glosario de aprendizaje del español de Colombia. Instituto Caro y Cuervo. Bogotá

Ligazóns / Links

https://spanishincolombia.caroycuervo.gov.co/documentos/imagenes/Hecho%20en%20Colombia-glosario.pdf

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Presenza nos medios / Media presence

· Caro y Cuervo TV. (2022). Viviana Nieto nos cuenta detalles de la Maestría en Enseñanza de ELE/EL2 del ICC. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=GzTyzmWFTZ0 · Congreso Internacional de la Lengua Española. (2019). Gloria Viviana Nieto Martín—La competitividad del español como lengua para la innovación y el emprendimiento. VIII Congreso Internacional de la Lengua Española. Recuperado 5 de outubre de 2025 https://congresosdelalengua.es/cordoba/paneles-ponencias/competitividad/nieto-viviana.htm

Datos de interese / Interesting facts

Gloria Viviana Nieto Martín é recoñecida polo seu enfoque aplicado da lexicografía á pedagoxía e ao ensino. O seu labor está fondamente influído polo seu papel como educadora, o que a levou a ser pioneira en aplicacións prácticas como o ensino do español a estudantes xordos signantes. Este enfoque na creación de ferramentas para a inclusión social complétase coas súas importantes contribucións ao corpus CorlexCo, un recurso fundamental que proporciona os datos empíricos necesarios para documentar con maior precisión o español de Colombia, tanto para a elaboración de dicionarios como para o ensino da lingua.

Fontes / Sources

Páxina web da Universidad Externado de Colombia / Website of the Universidad Externado de Colombia (n.d.). Gloria Viviana Nieto Martín. Recuperado o 5 de outubro de 2025.  https://www.uexternado.edu.co/profesores/gloria-viviana-nieto-martin/ Páxina web do Instituto Caro y Cuervo / Website of the Instituto Caro y Cuervo. (n.d.). Work Team - Master's in Teaching Spanish as a Foreign Language and Second Language. Instituto Caro y Cuervo. Recuperado o 5 de outubro de 2025. https://spanishincolombia.caroycuervo.gov.co/quienes-somos/equipo-de-trabajo-maestrP%C3%A7axia-en-ensenanza-de-espanol-como-lengua-extranjera-y-segunda-lengua/#gsc.tab=0 Foto: https://www.linkedin.com/in/gloria-viviana-nieto-mart%C3%ADn-7a977b366/

Aut@r da entrada / Author of the entry

Miguel López

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lucía Fuentes Busto

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 13:51].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios