Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Danilenko, Liudmila

Creado por Lola o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Даниленко Людмила Іванівна (Danilenko Liudmila Ivanivna)

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Checo, esloveno, ucraíno / Czech, Slovenian, Ukrainian

Información biográfica / Biographical information

1956 (Kíiv, Ucraína) / 1956 (Kyiv, Ukraine)

Traxectoria profesional / Career description

GAL Danilenko Liudmila Ivanivna estudou na Universidade de Kíiv (1976-1981) no Departamento de Filoloxía Eslava, onde rematou o seu posgrado con honores. Entre 1993 e 1996 elaborou a súa tese de doutoramento na Academia Nacional das Ciencias de Ucraína: “National-cultural peculiarities of the semantics of Czech phraseological units” ('Particularidades nacionais e culturais da semántica das unidades fraseolóxicas checas'). Durante o curso 2000-2001 exerceu de profesora na Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv. Tamén foi profesora de checo (2000-2006) na Academia Diplomática de Ucraína, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores do mesmo país. Dende entón e ata a actualidade traballa no Departamento de Linguas Eslavas do Instituto de Lingüística que leva o nome de O.O. Potebny. Participou en diferentes edicións do Congreso Internacional de Eslavistas (XIII-XVI): 2023 (en Ljubljana, Eslovenia), 2008 ( en Ohrid, Macedonia), 2013 (en Minsk, Belarús) e 2018 (en Belgrado, Serbia). ENG Danilenko Liudmila Ivanivna studied at the University of Kyiv (1976-1981) at the Department of Slavic Philology, where she graduated with honours. Between 1993 and 1996 she wrote her PhD thesis at the National Academy of Sciences of Ukraine: "National-cultural peculiarities of the semantics of Czech phraseological units". In 2000 she was a lecturer at the Taras Shevchenko National University in Kyiv. She also taught Czech (2000-2006) at the Diplomatic Academy of Ukraine, under the Ministry of Foreign Affairs of Ukraine. Since then she has been working at the Department of Slavic Languages of the Institute of Linguistics named after O.O. Potebny. She participated in different editions of the International Congress of Slavists (XIII-XVI): 2003 (in Ljubljana, Slovenia), 2008 (Ohrid, Macedonia), 2013 (in Minsk, Belarus), and 2018 (in Belgrade, Serbia).

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

GAL - Danilenko, L. I. (2000). Чесько-український словник. Сучасна ділова мова ("Dicionario checo-ucraíno. Linguaxe comercial moderna"). Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv. - J. Anderš, Danilenko, L. I. et al. (2000). Prakktický česko-ukrajinský slovníký. Ekonomika. Finance. Obchod. ("Dicionario práctico checo-ucraíno. Economía. Finanzas. Contabilidade"). Universidade Palacký. - Danilenko, L. I. (2021). Чеська фразеологія і пареміологія. Бібліографія джерел ХІХ – 20-х років ХХІ ст. ("Fraseoloxía e paremioloxía checas. Bibliografía de fontes do século XIX aos anos vinte do século XXI"). Editorial Dmytro Burago. ENG - Danilenko, L. I. (2000). Чесько-український словник. Сучасна ділова мова ("Czech-Ukrainian dictionary. Modern business language"). Taras Shevchenko National University of Kyiv. - J. Anderš, Danilenko, L. I. et al. (2000). Prakktický česko-ukrajinský slovníký. Ekonomika. Finance. Obchod. ("Practical Czech-Ukrainian dictionary. Economics. Finance. Accounting"). Palacký University. - Danilenko, L. I. (2021). Чеська фразеологія і пареміологія. Бібліографія джерел ХІХ – 20-х років ХХІ ст. ("Czech phraseology and paremiology. Bibliography of sources of the XIX - 20s of the XXI century"). Dmytro Burago Publishing House.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

GAL Dende o 2003 é membro da Comisión Fraseolóxica do Comité Internacional de Eslavistas e ocupa o cargo de secretaria académica do Comité Ucraíno de Eslavistas. ENG Since 2003, she is a member of the Phraseological Commission of the International Committee of Slavists and holds the position of academic secretary of the Ukrainian Committee of Slavists.

Fontes / Sources

Páxina web do Instituto de Lingüística O. O. Potebny/ Website of the Institute of Linguistics O. O. Potebny : http://www.inmo.org.ua/departments/zpsm/staff/danylenko.html

Aut@r da entrada / Author of the entry

Yuliia Kroviakova

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera Sánchez

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 13:51].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios