Imaxe do dicionario
Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex

Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography

GAL O principal obxectivo deste dicionario é visibilizar e reivindicar a mulleres relevantes no eido da lexicografía. O traballo ofrece información sobre a súa vida, traxectoria profesional, así como a súa bagaxe social e cultural. Destaca especialmente a súa contribución á lexicografía nos seus respectivos contextos. Esta obra desenvólvese como proxecto didáctico de aprendizaxe colaborativa no...
Ver descrición
Biderman, Maria Tereza Camargo

Creado por Maruxa o 29/11/2025 ás 23:12.

Nome / Name

Maria Tereza Camargo Biderman

Foto / Photo
Linguas de traballo / Work languages

Francés, inglés, italiano, portugués brasileiro / French, English, Italian, Brazilian Portuguese

Información biográfica / Biographical information

GAL Naceu en 1936, en Bananal, municipio do estado de São Paulo, e finou en 2008 (São Paulo capital). Foi unha lexicógrafa, dicionarista, profesora e investigadora brasileira. Aos 8 anos deixou Bananal para comezar os seus estudos en Juiz de Fora, nun internado rexentado por monxas alemás. Ao longo da súa vida mantivo un fervoroso compromiso coa aprendizaxe e nunca deixou de estudar. ENG She was born in 1936, in Bananal, a municipality in the state of São Paulo, and died in 2008 (São Paulo city). She was a Brazilian lexicographer, dictionary writer, teacher and researcher. At the age of 8 she left Bananal to begin her studies in Juiz de Fora, in a boarding school run by German nuns. Throughout her life she maintained a fervent commitment to learning and never stopped studying.

Traxectoria profesional / Career description

GAL Biderman graduouse en Letras Neolatinas na Universidade de São Paulo en 1957; nesta a mesma universidade obtivo o seu doutoramento en Filoloxía e Lingua Portuguesa en 1969 e unha acreditación académica (“livre-docência”) en 1974. Levou a cabo estudos posdoutorais en diversas universidades estranxeiras, incluíndo a Stanford University, New York University, Birmingham University, Oxford University, Université de Lorraine, Università di Pisa, Universidade de Lisboa e a Universitat Pompeu Fabra. Empezou a súa carreira profesional en Francia como profesora lectora na Université de Strasbourg I (1963-1965). No ano 1977 xa era profesora titular na Universidade Estadual Paulista Júlio de Mesquita Filho (Unesp), concretamente na Facultade de Ciencias e Letras de Araraquara, Departamento de Lingüística, onde permaneceu ata o seu falecemento. Ademais, foi docente visitante en varias universidades do ámbito nacional e internacional. Tamén desempeñou funcións de investigación na Fundação de Amparo à Pescuda do Estado de São Paulo (FAPESP), no Conselho Nacional de Desenvolvimento Científico e Tecnolóxico (CNPq) e na Associação Nacional de Pós-Graduação e Pescuda em Letras e Lingüística (ANPOLL). Biderman tiña ampla experiencia en Lingüística, especialmente en Lexicoloxía, Lexicografía e Terminoloxía. Publicou numerosos artigos e libros, incluíndo catro dicionarios, e participou en diversos congresos internacionais onde presentou numerosos traballos científicos. Dirixiu e supervisou varias teses de mestrado e doutoramento. Dedicou toda a súa vida ao estudo do léxico, en particular ao léxico do portugués. Ademais, realizou unha profunda investigación sobre o léxico doutras linguas románicas como o francés, o español e o italiano, así como tamén do inglés. Especializouse en lexicografía, tanto na descrición sincrónica como na diacrónica. Con todo, tamén levou a cabo estudos teóricos sobre o léxico, especialmente no que respecta á categorización léxica, ás súas relacións coa cognición e á súa estruturación. Como resultado destes estudos, tamén se especializou en Lingüística de Corpus e Procesamento da Linguaxe Natural (Lingüística Computacional). Antes de falecer, Biderman traballaba nun dos seus grandes proxectos: a elaboración do “Dicionário Histórico do Português do Brasil - séculos XVI, XVII e XVIII” (CNPq). Este proxecto resultou gañador do concurso “Institutos do Milenio do CNPq” en 2005. Tras o seu pasamento, a actual coordinadora do proxecto, a súa discípula e lexicógrafa Clotilde de Almeida Azevedo Murakawa, encargouse de publicar a obra en formato dixital no ano 2021 con máis de 1.400 entradas. ENG Biderman graduated in Neo-Latin Letters from the Universidade de São Paulo in 1957; he obtained his PhD in Philology and Portuguese Language from the same university in 1969 and an academic habilitation ("livre-docência") in 1974. He carried out post-doctoral studies at several foreign universities, including Stanford University, New York University, Birmingham University, Oxford University, Université de Lorraine, Università di Pisa, Universidade de Lisboa and Universitat Pompeu Fabra. She began her professional career in France as a lecturer at the Université de Strasbourg I (1963-1965). In 1977 she was already a full professor at the Universidade Estadual Paulista Júlio de Mesquita Filho (Unesp), specifically at the Faculty of Sciences and Letters of Araraquara, Department of Linguistics, where she remained until her death. She was also a visiting lecturer at several national and international universities. She also held research positions at the Fundação de Amparo à Pescuda do Estado de São Paulo (FAPESP), the Conselho Nacional de Desenvolvimento Científico e Tecnolóxico (CNPq) and the Associação Nacional de Pós-Graduação e Pescuda em Letras e Lingüística (ANPOLL). Biderman had extensive experience in linguistics, especially in lexicology, lexicography and terminology. She published numerous articles and books, including four dictionaries, and participated in several international conferences where she presented numerous scientific papers. She directed and supervised several master's theses and doctoral dissertations. She devoted her whole life to the study of the lexicon, in particular the lexicon of Portuguese. In addition, she carried out in-depth research on the lexicon of other Romance languages such as French, Spanish and Italian, as well as English. She specialised in lexicography, both in synchronic and diachronic description. However, she also carried out theoretical studies on the lexicon, especially with regard to lexical categorisation, its relations to cognition and its structuring. As a result of these studies, she also specialised in Corpus Linguistics and Natural Language Processing (Computational Linguistics). Before her death, Biderman was working on one of her greatest projects: the elaboration of the “Dicionário Histórico do Português do Brasil - séculos XVI, XVII e XVIII” (CNPq). This project was the winner of the contest “Institutos do Milenio do CNPq” in 2005. After her decease, the current coordinator of the project, his disciple and lexicographer Clotilde de Almeida Azevedo Murakawawas commissioned to publish the work in digital format in 2021 with more than 1,400 entries.

Publicacións relevantes e contexto sociocultural / Relevant publications and socio-cultural background

Biderman, M. T. C.; Murakawa, C. de A. A. (org.) (2021): Dicionário Histórico do Português do Brasil: séculos XVI, XVII e XVIII (DHPB). https://dicionarios.fclar.unesp.br/dhpb/ Biderman, M. T. C. (2006). Dicionário de termos financeiros e bancários. Disal Editora-Bantim, Canato e Guazzelli Editora Ltda. Biderman, M. T. C.(2005). Dicionário do estudante. Editora Globo. Biderman, M. T. C. (2005). Dicionário ilustrado de português. Editora Ática. Biderman, M. T. C. (2001). Teoria lingüística: teoria lexical e lingüística computacional. Martins Fontes. Biderman, M. T. C. (1998). Dicionário didático de português. Editora Ática. Biderman, M. T. C. (1978). Teoria lingüística: lingüística quantitativa e computacional (Vol. 1). Livros Técnicos e Científicos. Biderman, M. T. C. (2003). Análise de dois dicionários gerais do português brasileiro contemporâneo: o Aurélio e o Houaiss. Filologia e Linguística portuguesa, (5), 85-116. Biderman, M. T. C. (2003). Dicionários do português: da tradição à contemporaneidade. ALFA: Revista de Lingüística, (47), 53-69. Biderman, M. T. C. (2002). Terminologia e lexicografia. TradTerm, 7, 153-181. Biderman, M. T. C. (2000). Aurélio: sinônimo de dicionário?. Alfa: Revista de linguística, 44, 27-55. Biderman, M. T. C. (2001). O Português Brasileiro eo Português Europeu: Identidade e contrastes. Revue belge de philologie et d'histoire= Belgisch tijdschrift voor filologie en geschiedenis, 79(3), 963-975. Biderman, M. T. C. (1998). Dimensões da palavra. Filologia e lingüística portuguesa, 2(1), 81-118. Biderman, M. T. C. (1998). A face quantitativa da linguagem: um dicionário de freqüências do português. ALFA: Revista de Linguística, 42, 157-181. Biderman, M. T. C. (1996). Frequency dictionary of contemporary Portuguese. Meta, 41(2), 275-278. Biderman, M. T. C. (1996). O dicionário e o vocabulário da língua portuguesa. Linha D'Água, (10), 31-39. Biderman, M. T. C. (1996). Léxico e vocabulário fundamental. ALFA: Revista de Linguística, 40, 27-46. Biderman, M. T. C. (1993). A definição lexicográfica. Cadernos do IL, 10, 23-43. Biderman, M. T. C. (1987). A estruturação do léxico e a organização do conhecimento. Letras de hoje, 22(4), 81-86.

Ligazóns / Links

https://books.google.es/books/about/Dicion%C3%A1rio_de_termos_financeiros_e_banc.html?id=-t3BDAAAQBAJ&redir_esc=y GAL - Dicionario terminolóxico con máis de 700 entradas nas áreas de finanzas, economía, banca, mercados de capitais e bolsa. - Construído científicamente con textos actualizados e diversos correspondentes a estes campos. - Cada entrada inclúe o seu equivalente en inglés. - A maioría das entradas indican as leis e outros documentos xurídicos en que se basea o concepto definido. - Posúe un índice inverso para realizar consultas en inglés sobre o significado e uso no Brasil. ENG - Terminological dictionary with more than 700 entries in the fields of finance, economics, banking, capital markets and stock exchange. - Scientifically constructed with up-to-date and diverse texts corresponding to these fields. - Each entry includes its English equivalent. - Most entries indicate the laws and other legal documents on which the defined concept is based. - It has a reverse index for queries in English on the meaning and use in Brazil.

Extractos de obras / Excerpts from work(s)
Datos de interese / Interesting facts

GAL Durante a década de 1960, no transcurso dunha xira da selección de fútbol brasileira por Europa, exerceu como tradutora dos xogadores, entre eles Pelé. ENG During a tour of Europe by the Brazilian national football team in the 1960s, she worked as a translator for the players, including Pelé.

Fontes / Sources

Bibliografía/Bibliography: - Maria Tereza Camargo Biderman: Wikipedia. https://pt.wikipedia.org/wiki/Maria_Tereza_Camargo_Biderman - Currículo Lattes - CNPq: http://lattes.cnpq.br/8915508885677915 2. Traballo lexicográfico/Lexicographic works: - Dicionário didático de português (DDP) (1998). Ática. - Dicionário ilustrado do português (2005). Ática. - Dicionário de termos financeiros e bancários (2006). Disal. - Dicionário do estudante (2005). Globo. - Dicionário Histórico do Português do Brasil: séculos XVI, XVII e XVIII (DHPB) (2021): Biderman, M. T. C.; Murakawa, C. de A. A. (org.) 3. Foto: http://www.filologia.org.br/xviii_cnlf/homenageado.htm

Aut@r da entrada / Author of the entry

Cilano Marques da Silva

Tradución da entrada / Translation of the entry

Lola Mosquera

Autor@s do deseño e estrutura do dicionario / Authors of the design and structure of the dictionary: María José Domínguez Vázquez (dir), Lola Mosquera Sánchez, Deborah Chidimma Nebechukwu, U-Tong Sih - EMLex. 2000. Mulleres na Lexicografía / Women in Lexicography. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 16/12/2025 ás 13:52].

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios