Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
violare

Creado por Gonzalo Valiñas Baños o 24/10/2026 ás 10:55.

1.
Categoría gramatical

verbo transitivo

Equivalente

violar

Categoría gramatical do equivalente

verbo transitivo

Descrición

O verbo 'violar' utilízase co significado de 'vulnerar un dereito, unha lei ou unha propiedade'.

Exemplo en italiano

Tali leggi violano gli standard internazionali sulla libertà di espressione. La delinquenza viola il domicilio privato.

Tradución ao galego

Tales leis violan os estándares internacionais sobre a liberdade de expresión. A delincuencia viola o domicilio privado.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

2.
Categoría gramatical

verbo transitivo

Equivalente

profanar

Categoría gramatical do equivalente

verbo transitivo

Exemplo en italiano

Un gruppo di ragazzi viola la tomba di Nostradamus.

Tradución ao galego

Un grupo de rapaces profana a tumba de Nostradamus.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

Observación

Falso amigo parcial. Vid. VIOLAR

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 10/11/2026 ás 05:02].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios