Imaxe do dicionario
María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.

Dicionario italiano-galego de falsos amigos

Este dicionario recolle e describe os falsos amigos entre o italiano e o galego: unidades léxicas que presentan semellanza formal entre as dúas linguas pero que diverxen no significado, no uso, nas restricións combinatorias ou nas connotacións. Para cada entrada ofrécense os equivalentes correctos, exemplos case sempre extraídos de corpus reais e, cando é pertinente, observacións de carácter pragm...
Ver descrición
larva

Creado por Silvana Lameiro o 28/05/2026 ás 19:50.

1.
Categoría gramatical

substantivo feminino

Equivalente

farrapo

Categoría gramatical do equivalente

substantivo masculino

Descrición

Con significado de )fig.) 'esqueleto'.

Exemplo en italiano

È ormai malato mortalmente di cirrosi e ridotto a una larva umana.

Tradución ao galego

Xa está mortalmente enfermo de cirrose e reducido a un farrapo humano.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

2.
Categoría gramatical

substantivo feminino

Equivalente

eiruga

Categoría gramatical do equivalente

substantivo feminino

Exemplo en italiano

La larva è di colore marrone chiaro e ha una forma ovale.

Tradución ao galego

A eiruga é de cor marrón claro e ten forma oval.

Fonte do exemplo

Corpus PAISÀ

Observación

Vid. LARVA (gal.)

María Teresa Sanmarco Bande (dir.), Marilena Ceccarelli, María Fuciños, Barbara Galeandro, Silvana Lameiro, Claudia Seivane, Gonzalo Valiñas, Ana Vázquez.. 2026. Dicionario italiano-galego de falsos amigos. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 01/06/2026 ás 19:57].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios