Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias

V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino
Data de inicio: 
venres, Novembro 18, 2022 - 18:00

As xornadas de formación Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias pretenden ofrecer unha oportunidade para a reflexión sobre a importancia de ensinar a escribir textos na aula e para a proposta de actividades, ferramentas, métodos e estratexias que contribúan a unha mellora da competencia discursiva do alumnado.

Neste marco, reflexionarase sobre a competencia discursiva plurilingüe, con especial atención ao novo escenario que se configura coa última reforma educativa; presentaranse diferentes propostas didácticas en volta do ensino do proceso de escritura; darase a coñecer o corpus CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico, que inclúe mil textos anotados extraídos da pregunta de comentario das probas de lingua e literatura galegas dos exames ABAU; e debaterase sobre os retos e dificultades que supón o ensino da competencia discursiva, así como sobre os métodos e estratexias que se poden empregar na aula para lograr mellores resultados.

Todas as intervencións contarán cun tempo reservado para o coloquio co público asistente, posto que as Xornadas prentenden ser, ademais, un foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para todo o profesorado de linguas, en exercicio ou en formación.

Poster: 

Sección