Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG)
Forma parte do Tesouro Medieval Galego-Portugués, o corpus lingüístico medieval de Galicia e Portugal. Dentro del englóbase no Xelmírez, que representa a ponla galaica do Tesouro. Nela acolle os textos medievais en romance galego. Reúne a práctica totalidade das obras e coleccións documentais publicadas da Galicia medieval (verso, prosa literaria, prosa histórica, prosa relixiosa, prosa técnica e prosa notarial). A codificación homoxeneizada dos textos e o acceso libre a eles a través de internet permite a súa consulta e a obtención masiva de información.
O obxectivo para os próximos anos é a lematización e codificación gramatical. Este proceso farase coordinadamente co corpus do galego moderno e contemporáneo do ILG (TILG) e cos outros córpora da rede interuniversiaria RILG, da que tamén forma parte desde o ano 2006.