A evolución sociolingüística de Galicia (1950-2010): procesos de desgaleguización e (re)galeguización
Investigador principal: 
    
Membros do equipo: 
    Xurxo Martínez González
      		
          	
      
      	
          	
      
      	
                	María Paz Rodríguez
      		
                	Xandre Vázquez
      		
                	María Dolores Villanueva Gesteira
      		
                	Sandrine Zeuner-Guerrier
      		
      Descrición: 
O obxectivo deste proxecto é analizar a evolución da situación sociolingüística da lingua galega desde 1950, en Galicia e fóra dela (comunidades emigradas). Aténdese aos distintos aspectos:
- A evolución das variables demo- e sociolingüísticas básicas, en relación coas dinámicas sociais. Ponse especial atención nos fenómenos de cambio de lingua no proceso de transmisión interxeracional e ó longo da vida das persoas, tentando identificar as variables sociais con maior poder explicativo destes cambios: o abandono e a recuperación da lingua.
- A evolución do uso do galego e o castelán nos distintos dominios públicos, isto é na comunicación social en senso amplo. Ponse especial atención no estudo dos axentes que influíron de xeito máis decisivo na ampliación de usos do galego.
- A elaboración do idioma, en particular, a súa codificación normativa, atendendo non soamente á estandarización da lingua e os debates relacionados con esta, senón tamén da comunidade lingüística.
- As diferentes ideoloxías e contraditorias representacións sociolingüísticas en pugna, con especial atención ás dinámicas glotopolíticas e as políticas lingüísticas (propostas e postas en marcha), tendo en conta non soamente ás dinámicas arriba> abaixo senón tamén abaixo > arriba.
- No caso das comunidades emigradas, atenderase aos procesos de asimilación / mantemento da lingua, como parte das dinámicas de retención / abandono / revitalización da identidade galega.
Imaxe: 

Data de execución: 
2012 a 2018
Financiamento: 
Sen financiamento externo
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  
