Xornadas Internacionais UCM-UNED
Data:
mércores, Setembro 17, 2014 - 20:15
Imaxe:
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/ucm_uned_0.png?itok=C4PqvG35)
Entre o 18 e o 20 de setembro celebráronse en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio", organizadas pola Universidad Complutense de Madrid (UCM) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Neste encontro participaron investigadores do ILG:
- Ricardo Pichel Gotérrez & Xavier Varela Barreiro: "COTAGAL: Corpus de Textos Antigos de Galiza"
- Facundo Reyna Muniain: "Política cultural galega dende a diáspora porteña - Centro Gallego de Buenos Aires (1945-1955)"
- María Dolores Villanueva Gesteira: "O exilio e a emigración na base da Editorial Galaxia dende a súa creación ata a década dos sesenta. O caso de Arxentina e Uruguai"