Xornadas de Lingua no II Festival de Música Galego-Portuguesa
Data:
venres, Xuño 15, 2018 - 10:30
Imaxe:
Do venres 15 ao domingo 17 de xuño tivo lugar en Cedeira a segunda edición do Festival de Música Galego-Portuguesa, organizado polo Concello de Cedeira e que nesta ocasión estivo centrado no ámbito da lusofonía.
Alén das actividades especificamente musicais, o programa do festival inclúe tamén unhas Xornadas de Lingua nas que se trataron cuestións como as normas ortográficas reintegracionistas ou o uso normalizado. Nestas xornadas participou o investigador do ILG e profesor da USC Ramón Mariño Paz, quen ofreceu o relatorio "Galego-portugués, galego e portugués".