XIV Premios á calidade lingüística

Data: 
venres, Abril 5, 2019 - 16:45
Imaxe: 

A compañeira e investigadora do ILG Raquel Vila-Amado recibiu o Premio á Calidade Lingüística na modalidade de traballos de fin de mestrado, área de Ciencias Sociais e Xurídicas, polo seu traballo Evolución dos textos iniciais nos manuais de galego desde a Transición ata a actualidade, dirixido pola profesora de Ciencias da Educación María López Sández.

O acto tivo lugar o venres 5 de abril ás 11.00 h no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, e contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa, e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

A Universidade de Santiago de Compostela convoca os Premios á Calidade Lingüística para fomentar unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego. Con este concurso a USC premia os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC), así como traballos de fin de mestrado (TFM) escritos en galego. A esta XVI edición concorreron algo máis de cen obras entre as diversas categorías.