Visita de estudantes da Philipps-Universität Marburg

Data: 
venres, Xuño 13, 2025 - 13:30
Imaxe: 

O pasado 13 de xuño recibimos a visita dun grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Philipps-Universität Marburg, que se encontraban realizando unha viaxe de estudos en Santiago de Compostela. Esta iniciativa forma parte dun seminario de estudos culturais sobre Galicia que Ana Goás, docente desta universidade alemá, vai impartir no verán en Marburg e no cal tamén introducirá o alumnado na lingua galega.

Os estudantes foron recibidos pola directora e secretaria do ILG, Elisa Fernández Rei e María Álvarez de la Granja, respectivamente, e polo investigador Xosé Luís Regueira, que lles deron a coñecer o Instituto da Lingua Galega e o traballo que se leva a cabo no centro. Ademais, púidoselles introducir na situación sociolingüística da lingua galega.