Un banco de palabras

Data: 
venres, Setembro 27, 2013 - 20:30

O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina. A súa versión actual, accesible desde o 28 de novembro de 2010, inclúe 1.897 obras de 730 autores e autoras, producidas todas elas entre 1612 e 2010, e permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 25 millóns de palabras, correspondentes a 165.642 lemas diferentes.