A táboa de contidos do último número da revista ELG, na Linguist List

Data: 
xoves, Outubro 27, 2016 - 12:00
Imaxe: 

O índice de contidos (TOC) do volume 8 revista Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Instituto da Lingua Galega e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, aparece anunciado na Linguis List, a lista de difusión máis coñecida no ámbito das ciencias da linguaxe.

Ademais, a revista Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva), CARHUS+ 2014 e CIRC (Clasificación integrada de revistas científicas) categorízana como revista A, o Qualis Periodicos do sistema CAPES como B1 e en MIAR ten un ICDS de 9,3.