Simposio ILG 2021. 50 anos

Data: 
venres, Outubro 1, 2021 - 16:30
Imaxe: 

O Simposio ILG 2021 decorrerá do 18 ao 21 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A vixésimo primeira edición do Simposio coincide cronoloxicamente cos 50 anos da fundación do Instituto, en maio de 1971. Por tal motivo e de forma excepcional, como pide a ocasión, ten carácter conmemorativo antes que temático e a el súmase a vontade do ILG de homenaxear nesta ocasión tan especial a tres dos seus máis insignes investigadores, que comezaron a súa andaina na institución nesa década fundacional e que continúan  plenamente activos na actualidade: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González.

O criterio dunha liña temática concreta susbtituíuse desta vez polo dunha composición propositada do programa de conferenciantes no que acompañan aos homenaxeados, como núcleo do evento, unha representación dos investigadores novos do ILG, investigadores destacados das tres universidades galegas e investigadores estranxeiros de longa traxectoria de colaboración co Instituto da Lingua Galega.

En caso de non poder asistir presencialmente, pódense seguir as distintas sesións a través das seguintes ligazóns:

Luns 18: https://youtu.be/sBi1TRZ-cvg(link is external)

Martes 19: https://youtu.be/iZPHzITXMSw(link is external)

Mércores 20: https://youtu.be/fLBNDEYpWHs(link is external)

Xoves 21: https://youtu.be/Da07RyEKQ8c